- SEMINARIO: “As competencias clave: reprogramando”.
- PONENCIA: “Experiencias prácticas para introducir tarefas integrandas nas aulas”.
- LUGAR: CRA de Teo
- DATA: 9/4/2015 – (16:30 a 19:30 h.)
- PONENTE: Óscar Abilleira Muñiz – oscar_abilleira@edu.xunta.es
De seguido podes descargar toda a documentación empregada e entregada na docencia así como acceder ás ligazóns comentadas durante a mesma. Os documentos atópanse en formato pdf.
PRESENTACIÓN: contextualización das experiencias que se van presentar:
Presentación e contextualización das diferentes experiencias reais que se presentarán nesta docencia, así como das características do centro e alumnado cos que se puxeron e práctica.
BLOQUE 1: As tarefas integradas como vía para traballar as competencias clave nas aulas
Neste primeiro bloque lembraremos o tratado na sesión de docencia anterior. Partiremos do que é unha competencia clave, e da súa presencia no currículum, para tentar entender, a través de un proceso de reflexión do grupo, por que o traballo con tarefas é a vía para traballar as competencias clave.
-
Lembrando que é unha competencia clave? Por que usar tarefas para poñelas en práctica? (pdf)
-
Presentación e reflexión sobre as tarefas elaboradas polos integrantes do grupo de traballo: plantexadas na anterior sesión de docencia.
- Concreción curricular integrada, partindo do currículum de Educación infantil elaborada polos mestres da etapa para a elaboración das UDIS, extradída da programación de ciclo e aula. (ver UDIs no bloque 4) Recoméndase descargar o documento para visualizalo sen que se desordenen as táboas
BLOQUE 2: Exemplos reais de tarefas nas aulas de infantil e primaria:
Neste segundo bloque presentaranse casos reais de tarefas postas en práctica nas aulas do noso centro:
- Exemplos de tarefas nas aulas de Educación Infantil
- Exemplos de tarefas nas aulas de Educación Primaria
- (2014-2015) Que será?: investiguemos (5º)
- (2014-2015) Proxectos de ciencias (5º)
- (2014-2015) Experimentando (6º)
- (2014-2015) Que será? invesiguemos (6º)
- (2014-2015) Adiante co mundo das sementes (6º)
- (2013-2014) Retrospectiva de Alexander Calder: creando un museo (6º)
- (2013-2014) Preparando o traballo para o salón do libro (6º)
Explicación e seguimento con entradas no blog de “infantil 2” da web do meu centro da tarefa “Ciencia ou ficción”
- Facemos experimentos científicos para elaborar o traballo do Salón lo libro
- Continuamos experimentando e preparando o traballo para o Salón do libro
- Polo entroido disfrazámonos de científicos
- O noso libro “ciencia ou ficción” xa está na máquina do tempo de camiño ó Salón do libro
- Continuamos a expermientar e facemos un mapa para chegar ó salón do libro de Pontevedra
- Participamos nas actividades do Salón do libro e visitamos ó lobo ORBIL.
Entradas no blog de infantil 2 da web do meu centro sobre outras tarefas do día a día na aula:
- (2010-2011) Chegou a primavera: facemos fotos das flores do patio
- (2013-2014) Por que está o patio de cor branca?… experimentamos co xeo
- (2014-2015) Comezamos a sementar: cenorias e leitugas no mes de outubro
- (2010-2011) Investigamos sobre os animais e observamos como viven os gusanos.
BLOQUE 3: Os proxectos de traballo na aulas: “unha tarefa de tarefas”
Neste terceiro bloque afondaremos nos proxectos de traballo, como un tipo concreto de tarefa, que por moitos é considerado a “tarefa de tarefas” ó poñer en funcioamento na súa posta en práctica tódalas competencias clave, con especial fincapé na de “aprender a aprender”.
-
Os proxectos de traballo como unha tarefa: estructura, explicación do proceso e exemplos reais (pdf)
-
Documentación sobre os proxectos de traballo e técnicas para cada unha das etapas do proceso. (Elaborada no PFFP do meu centro)
Ligazóns ós proxectos de traballo presentadas de ciencias naturais.
- (2013-2014) PROXECTO DE TRABALLO:_Como se fixo o mundo?
- (2011-2012) PROXECTO DE TRABALLO: Investigamos sobre o espacio?
- (2010-2011) PROXECTO DE TRABALLO: Investigamos o coro humano?
Ligazóns a outros proxectos de traballo de historia (ciencias sociais)
- (2013-2014) PROXECTO DE TRABALLO: “Descubrindo a prehistoria”.
- (2013-2014) XORNADA DE PORTAS ABERTAS “Descubrindo a prehistoria”
- (2012-2013) PROXECTO DE TRABALLO: “Investigamos sobre Exipto”
- (2012-2013) INVESTIGAMOS SOBRE OS DINOSAUROS (con excavación)
Proxecto de traballo neste momento nas aulas de infantil:
BLOQUE 4: Elaborando Unidades Didácticas Integradas e reflexionando sobre a programación: Como planificamos e plasmamos por escrito as tarefas que levaremos a cabo na aula?
No cuarto e último bloque, plantexaremos de que forma podemos planificar e plasmar por escrito as diferentes tarefas que vaiamos a levar á aula, partindo sempre dos currículums tanto de infantil como de primaria, así chegaremos ó concepto de U.D.I.. Tentaremos facer unha reflexión sobre a elaboración das programacións didácticas.
- Unidades Didácticas Integradas (U.D.I.): que significa integrada? exemplos de como poden elaborarse as UDI.
- A programación “integrada” en educación infantil: Como creamos a nosa propia concrección curicular con indicadores para empregar na elaboración das UDI e programación.
- A programación en educación primaria: como podemos plantexarnos este traballo?
- Tentaremos “esbozar” unha estructura de UDI dalguha das tarefas presentadas polo grupo de traballo.
- Exemplos de U.D.I. das experiencias presentadas:
-
UDI: "Ciencia ou ficción" (Educación Infantil)
-
UDI: "Sementando: A natureza na aula" (Educación Infantil)
-
U.D.I. do proxecto "Descubrindo a prehistoria" (pdf)
-
Descarga a nosa programacións e Unidades Didácticas Integradas para este curso para educación infantil (formato .odt)
-
Modelos de U.D.I. e algunhas UDIS elaboradas no meu centro (para infantil e primaria)
-
Outras ligazóns de interese:
- Web do meu centro (C.E.I.P. Pedro Antonio Cerviño): http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino
- Outras moitas experiencias no recanto de INFANTIL na web do meu centro
- Descarga a nosa programacións e Unidades Didácticas Integradas para este curso (formato .odt)
- Modelos de U.D.I. e algunhas UDIS elaboradas no meu centro (web do centro)
- Interesante web sobre proxectos de traballo: http://proyectate.ning.com
- Documentos de referencia e exemplos de probas para terceiro de primaria MEC