Inicio mBot

mBot 1 e mBot 2:

O mBot é robot educativo creado por Makeblock, pensado para o traballo nas aulas coa robótica educativa. Está baseado naprogramación por bloques de Scratch, empregando unha versión modificada do Scratch chamada “Mblock”

Existen dúas versións do mBot:

Pode programarse co sofware Mblock 4, Mblock 5 ou Mblock online

Pode programarse co sofware Mblock 5 ou Mblock online

Se ben ambas versións comparten o software MBlock para a súa programación, cada unha ten as súas particularidades. Consulta as seccións específicas de cada un no menú superior de navegación.

Para poder manexar e programar o mBot precisaremos empregar o software M-block, unha adatapción do entorno de programación para estudiantes Scratch.

Este sofware conta con varias versións:

  • mBblock 4 
  • mBblock 5 online (que é a mesma que programalo desde a páxina web https://ide.mblock.cc/)
  • Tamén podemos programar o Mbot directamente desde a páxina web https://ide.mblock.cc.

Este sofware (nas súas dúas versións) ven xa incluído, baixo a categoría programación, nos equipos Edixgal ou con maqueta Abalar. Ten en conta que o mBot 2 só pode programarse coa versión do Mblock 5 denominada “online”

Podes atopar as ligazóns de descargar o programa, se o precisas, ou usar versión online do mesmo na seguinte web: