Beebot e E.a.R.L.2

Ambos robots comparten características e funcionalidades, polo que as propostas feitas para un poden se empregados cando se use o outro.

No noso caso, as propostas realizáronse para usar co Beebot, pero poden ser empregadas perfectamente co robot E.a.R.L.2

En ámbolos dous robots a programación realízase usando os botóns da parte superior que permiten:

  • Avanzar 15 cm (frecha cara adiante)
  • Retroceder 15 cm (frecha cara atrás)
  • Xirar 90º á dereita (frecha á dereita)
  • Xirar 90º á esquerda (frecha á esquerda)
  • Introducir unha pausa (pausa)
  • Deter o código / borrar o código (aspa –  equis)
  • Acender os leds (só E.a.R.L.2)
  • Emitir un son (só E.a.R.L.2)

Ambos contan con alfombras e outra serie de complementos á venda, para que o robot se desplace por eles.

No caso das propostas feitas aquí, que podes ver de seguido para o Beebot (pero de uso para ambos), son todas de creación propia, sen necesitar mercar ningún elemento adcional.

Só dispoñible para o E.a.R.L.2:

No E.a.R.L2 podemos cambiar os son por defecto por outros que quieramos en formato mp3, tan só hai que conectalo por cable usb aun ordenador e reemplazar, cos mesmos nomes de arquivos, o contido do cartafol «ZH» (fai unha copia dos arquivos orixinais para poder usalos novamente cando queiras, xa que reemplazarán cos novos que subas)

O E.a.R.L.2 tamén pode ser programado empregando o sofware «Scratch» conectándoo co cable usb a un un ordenador. Seguir as instruccións indicadas no manual de usuario, de xeito que aparezan as funcións en «máis bloques».

Pode complementarse o E.a.R.L.2 co uso dunha APP que, coa alfombra que venden inclúe Realidade Aumentada.

Actividades para facer co beebot na aula