Existen múltiples programas de edición de vídeo que permiten empregar imaxes cun chroma de fondo, e «facelo transparente», para que se vexa o que hai debaixo.
Todos eles teñen un funcionamento similar para acadalo:
Arrastrar o vídeo «normal» nunha das pistas da liña do tempo.
Arrastrar o vídeo «co chroma verde» nunha pista que estaea por riba do vídeo anterior na liña do tempo.
Arrastramos o «efecto chroma – chroma key» sobre o vídeo co chroma.
Axustamos as preferencias do efecto chroma key para que «se vexa ben» e despareza a cor do chroma (habitualmente verde)
A calidad do efecto dependerá do programa usado, así como da calidade do vídeo. Habitualmente soen obterse mellores resultados con programas «de pago», posto que incorporar un proceso de imaxe máis potente.
Entre os programas que podemos empregar para aplicar o efecto Chroma atopamos, entre outros, os seguintes:
Preinstalados cos sistemas operativos:
ClipChamp (windows):
Preinstalado nos equipos desde windows 11 en diante
Programa moi sinxelo, con funcionalidades básicas, pero que da moi bos resultados no uso do Chroma.
Pode descargarse gratuitamente, pese a vir preinstalado, desde a Microsoft Store
Algunhas opcións só se poden usar previa suscripción de pago dentro do programa.
Trátase dun programa Open Source gratuito para a edición de vídeo, que permite usar o Chroma.
Para obter resultados con certa calidade, en especial no uso do Chroma, é preciso axustar moitos parámetros e ter moito coidado na calidade dos vídeos a empregar (en especial a luminosidade dos mesmos)
Prezo: Plan perpetuo 70€ – Plan de pago semestral: 20€ – Plan de pago anual: 45€ cada ano. Existe un prezo para o sector educativo cun 30% de desconto en cada precio – consultar aquí: https://filmora.wondershare.es/store/buy-education.html )
Diferente documentación sobre o uso de Agueiro – Consellería de Educación:
Aplicación práctica de Agueiro – Conferencia de David Paz Novoa (publicado na aula virtual do CEIP Pedro Antonio Cerviño – presentado nos encontros de coordiandores Edixgal) – TEN ACCESO COMO CONVIDADO
Neste apartado iranse engadindo, periódicamente, ferramentas e recursos externos para o alumnado e o profesorado:
Podes enlazar ou, nalgúns casos “incrustar”, todos estes elementos na túa web, blog, curso da aula virtual, etc…
.
recursoseducativos.net
www.recursoseducativos.net Diferentes recursos online para o profesorado e o alumnado. Do creador deste mesmo blogue Óscar Abilleira Muñiz
Guías rápidas e manuais de usuario dentro de cada unha das aplicacións.
.
Creación de presentacións
www.genial.ly Permite crear presentacións interactivas que poderás compartir usando unha url, ou un código para insertar nunha web, blog, aula virtual… URL para compartir: si CÓDIGO PARA INSERTAR: si
www.prezi.com Permite crear presentacións interactivas que teñen como característica principal ser un enorme lenzo polo que vas desplazándote facendo zoom e enfocando diferentes partes URL para compartir: si CÓDIGO PARA INSERTAR: si
www.padlet.com Permite crear “muros” colaborativos, nos que profesorado vai colgando o material ou publicando contidos, e o alumnado pode preguntar, valorar ou mesmo publicar contidos (libremente ou con previa autorización). A versión gratuita permite usar só 3 paddlets. URL para compartir: si CÓDIGO PARA INSERTAR: si
www.mobyyt.com Permite crear pequenos “xogos” (a modo de videoxogo) no que se teñen respostar preguntas e superar retos para pasar de nivel. URL para compartir: si CÓDIGO PARA INSERTAR: si
www.deck.toys Permite crear actividades gamificadas (xogos) facendo un percorrido no que o alumnado ten que respostar preguntas, resolver problemas… ata chegar ó final URL para compartir: si CÓDIGO PARA INSERTAR: si
www.vyond.com Permite crear vídeos con animacións, diálogos, personaxes, textos… O vídeo creado podes subilo logo á web do teu centro, youtube… URL para compartir: si CÓDIGO PARA INSERTAR: depende de onde se publique o vídeo
www.edpuzzle.com Permite integrar preguntas, textos, imaxes nun vídeo, que logo podes gardar e subir a calquera web ou servizo como youtube. URL para compartir: si CÓDIGO PARA INSERTAR: non
https://kahoot.com Kahoot! é un servizo educación social e gamificada, permite crear unha serie de preguntas nas que, coas respostas, vaise subindo nun raking dos participantes. URL para compartir: si CÓDIGO PARA INSERTAR: si
www.puzzel.org Crea encrucillados, sopas de letras, puzzles, acrósticos, xogos de memoria, dunha forma sinxela e que se poden “completar online”. URL para compartir: si CÓDIGO PARA INSERTAR: non
www.educaplay.com Permite crear actividades interactivas multimedia. Podemos crear diferentes tipos de actividades e organizalos en colecións. Permite descargalos tamén en paquete SCORM. URL para compartir: si CÓDIGO PARA INSERTAR: si
www.wordwall.net Crea actvidades interactivas de diferentes tipos (con opción de imprimir), partir de diferentes plantillas URL para compartir: si CÓDIGO PARA INSERTAR: si
www.quizlet.com Crea fichas/tarxeas educativas, actividades de estudio e outra serie de actividades (de diferentes tipos), a través dunha secuencia de traballo que plantexes. URL para compartir: si CÓDIGO PARA INSERTAR: si
Crea fichas interativas ou emprega as xa creadas e compartidas pola comunidade (podes crear tamen cadernos de fichas, rexistrar alumnos/as, etc. Para usar todas testas opcións ou obter o código para insertar precisas rexistrarte de balde (para usar a url non precisas rexistro). URL para compartir: si CÓDIGO PARA INSERTAR: si
www.cerebriti.com Crea xogos educativos interactivos que poderás compartir coa comunidade. Poderás escoller diferentes tipos de xogos e materiais a empregar (tipo test, mapas, resposta correcta, emparellar…) URL para compartir: si CÓDIGO PARA INSERTAR: si
www.jigsawplanet.com Crea puzzles interactivos a partir dunha imaxe do teu ordenador. O puzle quedará dispoñible online. URL para compartir: si CÓDIGO PARA INSERTAR: si
Descarga, se seguido, as guías rápidas de uso de eduxunta.webex.com para as familias. Tamén é válido para acceder como mestre a reunións organizadas por outros en salas persoais (para as privadas recibirás os datos de acceso concretos en cada caso)
Aplicacións instaladas na maqueta Abalar – dos equipos E-dixgal:
Accede á lista de aplicacións instaladas na maqueta Abalar, instalada nos equipos E-dixgal, cunha pequena explicación da súa función e, nalgúns casos, manuais de uso (podes acceder como convidado).
A apariencia pode cambiar con respecto ó amosado nos pdf, débese á constante actualización do EVA. En todo caso, as opcións dispoñibles, con independencia da apariencia, son as mesmas.
Guías actualizadas á nova apariencia do EVA en setembro de 2023.
Uso de actividades H5P (diferencias co sistema usado nas aulas virtuais das webs dos centros)
O banco de contidos
Crear actividades H5P no banco de contidos.
Enviar actividades H5P descargadas de internet no noso banco de contidos.
Incluír actividades H5P nunha sección desde o banco de contido – Podes ver as respostas do alumnado
Incorporar actividades H5P dentro dun recurso (etiqueta, páxina…) – Para autoavaliación (non é posible ver as respostas do alumnado)
Descargar ou facer copia de seguridade das actividades creadas, para compartilas con outros ou reutilizalas noutras materias ou na aula virtual da web do centro.
A ferramenta de autor estaba/está baseada en actividades h5p que se empaquetan como paquete SCORM, é un sistema anterior a que se incorporasen a opción de incluír as actividades H5P, directamente nas seccións (podendo ver os resultados do alumnado), ou mesmo dentro de recursos como páxinas ou etiquetas (coa limitación no caso de insertalas nos recursos de non poder ver os resultados do alumnado)
Descargar o documento: guía rápida EVA – Aproximación á Ferramenta de autor (version 1.2). Actualmente é máis cómodo crear directamente actividades H5P, xa que é máis flexible e sinxelo de xestionar. (non é un manual propiamente)
Uso do EVA “offline”:
O EVA “Offline”, permite usar os contidos do EVA (case todos) nos equipos do alumnado sen conexión a internet. Os contidos do EVA sincronízanse co EVA offline cada vez que se conecta o equipo Edixgal á rede wifi da aula e se accede a aplicación “EVA Offline”.
Se se vai a usar é imprescindible facer que se conecten á rede wifi da aula eses equipos “ó chegar polas mañás”, e se acceda ó EVA offiline para que sincronice “os seus traballos co EVA online”. Do mesmo xeito deberán entrar e sincronizar para “cargar os novos contido que haxa no EVA”, antes de marchar.
Manuais de uso da Aula virtual das webs dos centros:
Acceso as miniguías de Moddle (aula virtual das webs dinámicas dos centros, pero válidos para o uso en EDIXGAL) na seguinte ligazón (inclúen moita máis información e ferramentas que se poden usar tamén no EVA):
Estas guía da aula virtual podon servirche para complementar o indicado nas guías específicas do EVA-Edixgal, posto que en ambos casos estamos a traballar cun Moodle e son exactamente iguais en canto ás súas funcións.
No caso do manual básico, algunhas das opcións son están dispoñibles na web do noso centro, posto que conta esteas modificacións efectuadas especificamente:
insertar imaxes desde a galería copermine directamente
crear, mover e unir álbumes nas diferentes categorías en Copermine
Para máis información ó respecto consulta por e-mail
O mBot 1 conta cunha placa «Arduino», sobre un chasis metálico, na que podemos conectar diferentes sensores. Poderemos manexalo cun mando a distancia, cunha APP de teléfono móbil ou tableta e, sobre todo, empregando o software mBlock (fork de scratch)
Como xa existe un novo modelo superior mBlot 2, non é tan doado de atoar esta primeira versión, pese á potencialidade que aínda ten, ao atoarse descatalogado, A vantaxe é que, de atopola, poderemos mercalo a un precio moi inferior.
…
Montaxe do mBot 1:
….
Guías de uso do mBot 1:
Susana Oubiña elaborou unha completa guía sobre o montaxe e uso do mBot, así como o uso do software makeblock para manexalo.
Tódolos sensores do mBot 1 teñen que conectarse na placa de Arduino do mBlock 1, empregando cables RJ45. Temos 4 portos nos que poderemos conectar outros tantos sensores e dispositivos compatibles. Cada porto está enumerado do 1 ao 4, incluíndo un código de cores que indica que tipo de sensor ou dispositivo, podemos conectar no mesmo. Cada sensor ou dispotivo terá unha cor na súa conexión para coñecer a compatibilidade.
Podes mercar, por separado unha chea de sensores e dispositivos compatibles con mBot (sensores, pantallas, acuadores…)
…
Tipos de conexión do mBot 1 oa ordenador: por cable ou inarámica (wifi e bluetooth)
Podes conectar o mBot 1 ao teu ordenador ben por cable ou de modo inarámico. Ver que opcións de programación permite cada tipo de conexión no seguinte apartado.
Para conectalo, segundo a versión de m-Block que esteamos a empregar (4 ou 5 online), deberemos conectalo dun ou doutro xeito:
No caso de usar M-block 4: debremos buscar a opción «conectar» na parte superior dereita do programa, e escoller o tipo de conexión que queremos ter.
No caso de estar usando M-block 5 online: deberemos, unha vez teñamos engadido mbot como robot de traballo, premer o botón «conectar» que aparece na parte inferior esquerda, e escolleremos o tipo de conexión.
Se queres saber máis sobre os dous tipos de conexión inarámica (bluetooth ou wifi) do mBot 1, ou resolver os problemas de conexión deste tipo con este modelo de mBot, consulta o último apartado deste manual.
…
Como controlar o m-bot en tempo real (en vivo) ou cargar un programa e que o execute de modo autónomo:
Podemos empregar dúas versións do programa «m-block» (ambos dispoñibles nos equipos con maqueta Abalar / Edixgal):
M-block 4
M-block 5 online (que é a mesma que programalo desde a páxina web https://ide.mblock.cc/)
Tamén podemos programar o M-bot directamente desde a páxina web https://ide.mblock.cc.
Sexa cal sexa a versión de m-block que esteamos a empregar, poderemos «programalo» de dous xeitos:
Crear un programa e que se execute en tempo real (en vivo).
Por exemplo cando se pulsa a flecha arriba avanza e na flecha esquerda xira á esquerda.
Neste caso debería estar conectado de forma inarámica: wifi (2,4), bluetooth ou por cable usb e debemos engadir os bloques de código nas diferentes accións (premer tecla esquerda, premer tecla arriba, premer bandeira verde…).
No caso de facelo empregando o cable usb, estaremos limitados ao desplazamento que permita a lonxitude do cable, obviamente.
Crear un programa, cargalo e que se execute de forma autónoma.
Por exemplo que avance, agarde 3 segundos, e logo xire á esquerda, sen que poidamos controlalo en tempo real.
Neste caso teremos que conectalo por usb e cargar o programa e logo desenchufar o usb para que se execute o programa autónomamente.
Deberemos engadir o código debaixo da orde «programa de mbot» (se usamos m-block 4) ou «cando Mbot(mcore) se pon en marcha» (se usamos m-block 5 online)
Así por exemplo, segundo a versión de m-block que empreguemos, poderíamos programalo deste xeito, para que se execute en tempo real (en vivo) ou de forma autónoma (cargando programa):
…
…
Mblock 5 online: (click para ampliar a imaxe)
Unha vez creado o código, se temos marcado «en vivo» poderemos executalo en tempo real. Se temos marcado «cargar», deberemos conectar o cable usb, cargar o programa e, unha vez desconectado, cada vez que se encedenda executará dito programa.
…
M-block 4: (click para ampliar a imaxe)
Unha vez creado o código dpoderemos executalo en tempo real. Se deseñamos un código como programa para «cargar», deberemos conectar o cable usb, cargar o programa coa opción «code/upload» > subir a arduino, unha vez desconectado, cada vez que se encedenda executará dito programa.
…
En ámbolos casos poderemos «borrar» o código introducido escollendo a opción «upload firmaware» ou «actualizar firmware» dentro o menú/opción «conectar», que deixará o m-bot sen código precargado.
…
Traballando cos sensores:
Ligazóns con manuais para o uso e programación dos sensores:
Tal como se comentou anteriormente, podemos conectar o noso ordenador ao mBot 1 de modo inarámico, para poder manexalo en tempo real (programación en vivo). Para facelo contamos con dúas opcións:
Por bluetooth: precisaremos que o mBot teña instalado o módulo bluetooth, que é o que sempre vern instalado por defecto.
Por wifi 4,5 Ghz: precisaremos que o mBot teña instalado o módulo wifi 4,5 Ghz (mochila wifi), que ás veces ven como opción cando se merca o mBot 1.
É posible mercar por separado a «mochila wifi» para podre elexir entre unha conexión ou outra, se nos dera problema algunha delas. O que non poderemos (coa versión de mBot 1) é ter ámbolos tipos de conexión no mesmo robot, sen intercambiar «as mochilas».
No caso do mBot 2, xa non é preciso todo isto, porque ten incluído de serie ámbolos dous tipos de conexión. Este apartado refírese únicamente ao modelo mBot 1
…
Conexión co módulo Bluetooth ao mBot 1:
Para poder conectar o noso ordenador co mBot 1 por medio de bluetooth (se tivera ese módulo instalado), o noso ordenador deberá contar con bluetooth 4.0 ou superior, ou ben usar un «adaptador bluetooth 4.0 ou superior» que conectar ao mesmo.
Se ben existe un «adaptador usb oficial de makeblock», que se conecta ao ordenador e permite conectarse sempre co mBot 1 por bluetooth, existen no mercado adaptadores bluetooth 4.0 moito máis baratos que permiten facer posible a conexión.
Se o teu ordenador, xa conta con Bluetooth 4.0, non debería ter problemas de conexión co mBot 1, en todo caso, poderías incluso empregar calquera adaptador, dos antes sinalados e acadarías a conexión.
Podes mercar un adaptador adaptador usb – bluetooth 4.0, a un prezo razonable na seguinte ligazón (comprobado que funciona cos equipos Edixgal do alumnado, debes arrancar o equipo co adaptador conectado). Se ben calquera debería funcionar sen problema.
Ten en conta, antes de mercar calquera destes adaptadores, que debes verificar que non sexa posible conectarse directamente usando o bluetooth do propio ordenador (caso de contar con bluetooth 4.0 xa non sería preciso un adatador). Do mesmo xeito, antes de optar polo «modelo oficial, tenta probar con outros dataptadores bluetooth-usb, 4.0 máis baratos.
…..Pode
Conexión coa mochila Wifi 2.4 Ghz ao mBot 1:
Tamén podemos optar po conectar o mBot 1 ao noso ordenador por medio da mochila wifi 4,5 Ghz, que sempre da mellores resultados que a conexión bluetooth, e sería compatible con calquera ordenador (posto que non precisa ningún tipo de versión específica de bluetooth).
Esta «mochila wifi» contén de dúas partes:
Un módulo de 2.5 Ghz, que debe instalarse no mBot en lugar do módulo bluetooth que virá por defecto
Un adaptador usb, que se conectará ao ordenador para conectarse por wifi co mesmo.
É MOI IMPORTANTE enumerar ou etiquetar cada mBot con mochila wifi, co seu correspondente adaptador, posto que van «pareados» e cada un, só conectará co módulo wifi coa que viñera no paquete.
Podes mercar esta mochila wifi, se a precisas, nalgunha das seguintes ligazóns, ou buscala como «mochila wifi mbot» ou «mochila 2,4 mbot»
Antes de mercalo, verifica que o teu mBot 1 non teña xa instalado o módulo wifi (existen algúns packs que veñen coa versión wifi), ou que non teñas na caixa a mocila de «de modo opcional», segundo o pack mercado é posible que viñera incluída.
…
Como instalo o módulo wifi/bluetooth no mBot 1?
Para poder instalar o modulo wifi deberemos «retirar» o módulo bluetooth, e viceversa. Para elo tan só teremos que seguir estes pasos:
Apagar o mBot e desenchufalo do usb (se estaba conectado ao ordenador)
É recomendable tocar algo metálico para descargar a electricidade estática do noso corpo.
Abrir la tapa superior» transpartente e retirar o módulo existente.
Colocar no seu lugar novo módulo.
Colocar novamente a tapa transparente.
…
Exemplos do seu uso nas aulas do mBot 1: CEIP Plurilingüe Pedro Antonio Cerviño
Se buscas nas UDIS-UD «públicas» da aplicación prográmame-udis, na web www.recursoseduativos.net (do creador deste blog), as do usuario «oscar_abilleira», poderás atopar as deseñadas para usar o mBot nas aulas, como área de libre elección de centro (ata o curso 2022-2023 mentras existiu dita área)
A diferencia da versión anterior (mBot 1), esta nova versión inclúe unha placa co microprocesador «CyberPi», que pode acoplarse e desacoplarse do chasis do mBot2. Esta nota tarxeta «CyberPi» permite engadir máis sensores así como algúns máis potentes, que non eran soportados pola versión 1. Conta ademais con sensores xa incoroprados (na vesión 1 había que conectalos todos) e mellora a conectividade bluetooth do mesmo.
Conexión de sensores «mBuild» adicionais ao mBot 2:
O mBot 2 conta con varios sensores xa incluídos, e conectados ao móduo «Cyberpi», a diferencia do mBot 1 onde todos tiñan que ir conectados externamente. Ademais deles podemos conectarlle outros moitos sensores «mBuild» que se poden mercar por separado.
A diferencia da versión 1 do mBot, neste caso non é preciso empregar ningún tipo de cable para conectalos, simplemente haberá que «inserir» o sensor ou acuador no lugar correspondente.
Podes mercar módulos «mBluild» nas seguintes tendas online:
Ao igual que o mBot 1 poderemos empregar as pezas de estructura de makeblock de metal.
…
mBot 2conectado ao ordenador:
Tipos de conexión do mBot 2 ao ordenador: por cable ou inarámica (bluetooth)
Podes conectar o mBot 2 ao teu ordenador ben por cable ou de modo inarámico. Ver que opcións de programación permite cada tipo de conexión no seguinte apartado.
Como estaremos usando a versión mBlock 5 online: deberemos, unha vez teñamos engadido mbot como robot de traballo, premer o botón «conectar» que aparece na parte inferior esquerda, e escolleremos o tipo de conexión.
Podemos conectar o noso ordenador ao mBot 2, ademais de por cable, de modo inarámico, para poder manexalo en tempo real (programación en vivo). Deste xeito as dúas conexións posibles que temos para a «programación en vivo» son:
Por bluetooth: precisaremos que o noso equipo teña un bluetooth 4.0 ou superior (ver máis abaixo para solucionalo se non se ten)
Por cable usb: limitando os movementos cando se programa en vivo, á lonxitude do cable.
Se o que queremos e cargar o programa, e non programar en vivo, a conexion por cable usb será suficiente, se ben tamén se podría facer por bluetooth.
…
Usando o programa mBlock (5 ou superior) co mBot 2:
Para poder usar o mBlock (versión 5 ou superior) co mBot2 deberemos de asegurarnos do seguinte:
Ter engadido na parte de dispositivos o «Cyberpy», se é que non aparece por defecto.
Ter engadido na parte de extensións «Placa de expansión para mBot2». De non facer esto non teremos acceso a controlar «o propio mBot» (motores, sensores… incluídos no chasis do mBot)
A diferencia do mBot 1, co mBot2 poderemos usar como «eventos», ademais do teclado, a «bandeira verde» ou o «programa» (cando non traballemos en vivo); tamén os propios botóns e sensores do módulo «cyberpi» que controla a robot, e así os veremos aparecer en «eventos»
…
Usar o programa en vivo ou cargado no mBot2:
Unha vez creado o código, se temos marcado «en vivo» poderemos executalo en tempo real. Se temos marcado «cargar», deberemos conectar o cable usb, cargar o programa e, unha vez desconectado, cada vez que se encedenda executará dito programa.
Segundo queiras manexar o mBot2 «en vivo» ou «cargándoo» emprega unha ou outra das seguintes estructuras:
..
Adaptador bluetooth 4.0 para o tue ordenador: (se é que o teu ordenador non conta con el)
Para poder conectar o noso ordenador co mBot 2 por medio de bluetooth, o noso ordenador deberá contar con bluetooth 4.0 ou superior, ou ben usar un «adaptador bluetooth 4.0 ou superior» que conectar ao mesmo.
Se ben existe un «adaptador usb oficial de makeblock», que se conecta ao ordenador e permite conectarse sempre co mBot 2 por bluetooth, existen no mercado adaptadores bluetooth 4.0 moito máis baratos que permiten facer posible a conexión.
Se o teu ordenador, xa conta con Bluetooth 4.0, non debería ter problemas de conexión co mBot 2, en todo caso, poderías incluso empregar calquera adaptador, dos antes sinalados e acadarías a conexión.
Podes mercar un adaptador adaptador usb – bluetooth 4.0, a un prezo razonable na seguinte ligazón (comprobado que funciona cos equipos Edixgal do alumnado, debes arrancar o equipo co adaptador conectado). Se ben calquera debería funcionar sen problema.
Ten en conta, antes de mercar calquera destes adaptadores, que debes verificar que non sexa posible conectarse directamente usando o bluetooth do propio ordenador (caso de contar con bluetooth 4.0 xa non sería preciso un adatador). Do mesmo xeito, antes de optar polo «modelo oficial, tenta probar con outros dataptadores bluetooth-usb, 4.0 máis baratos.
.
Esta web usa cookies para o seu funcionamento, única e exclusivamente, se continúas a navegar aceptas que se sexan almacenadas.Aceptar