Aula aberta “Edixgal”: Equipamento, Aplicacións…
Accceso á aula aberta Abalar (documentación oficial Edixgal da Consellería de Educación)
Aplicacións instaladas na maqueta Abalar – dos equipos E-dixgal:
Accede á lista de aplicacións instaladas na maqueta Abalar, instalada nos equipos E-dixgal, cunha pequena explicación da súa función e, nalgúns casos, manuais de uso (podes acceder como convidado).
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/aulavirtual/course/view.php?id=321
Guías para o uso dos equipos E-dixgal:
Pequeno manual sobre o uso de novas fontes tipográficas nos programas dos equipos E-dixgal.: Descargar guía uso de novas fontes tipográficas nos equipos Edixal.pdf
Guías rápidas para o uso do EVA
A apariencia pode cambiar con respecto ó amosado nos pdf, débese á constante actualización do EVA. En todo caso, as opcións dispoñibles, con independencia da apariencia, son as mesmas.
Guías actualizadas á nova apariencia do EVA en setembro de 2023.
- Url de acceso ó EVA: https://eva.edu.xunta.gall
- Descargar o documento: como acceder ó EVA.pdf (versión 2) (xestión de usuarios e contrasinais – xestión de credenciais do alumnado)
- Como accede o profesorado.
- Como accede o alumnado.
- Como consigo os datos de acceso do alumnado.
- Que sucede se un alumno/a esquece o seu contrasinal?
- Que sucede cando remate o curso escolar.
- Descargar o documento: guía_rapida_EVA_parte_1.pdf (versión 2.1) – Uso básico do EVA e traballo con editoriais:
- Engadir unha nova sección.
- Cambiar o título dunha sección .
- Engadir “temas das editoriais” nunha sección.
- Amosar/agochar elementos dentro dunha sección.
- Como editar os temas engadidos dunha editorial. En cales podo facelo?.
- Engadir recursos soltos de AulaPlaneta.
- Como o ve o alumnado? Cambiar ó rol do alumno.
- Como crear unha nova materia.
- Como matricular alumnos nunha nova materia.
- Control da aula con smartclassroom (Netex-smart).
- Engadir recursos e actividades creados manualmente nunha sección do EVA. > continúa no manual seguinte
- Descargar o documento: guia_rapida_EVA_parte_2.pdf (versión 2.3) – Engadir actividades ou recursos de creación propia:
- Engadir actividades ou recursos manualmente. Diferencias.
- Apartados específicos coa explicación dalgunhas das actividades.
- Apartados específicos coa explicación dalgúns dos recursos.
- Descargar a guía rápida de preguntas que se poden engadir nos cuestionarios (documento para Moodle válido para o EVA)
- Tipos de preguntas
- Apartados específicos explicando os diferentes tipos de preguntas.
- Descargar o documento: guía rápida EVA – Configurar o apartado “cualificacións” no EVA.pdf (versión 2.3):
- Configurar o apartado cualificacións.
- Descargar o documento: guía rápida EVA – Crear copias e restaurar copias de seguranza para aproveitar o traballo para o curso seguinte.pdf (versión 2.0)
- Copiar e restaurar desde copias de seguranza.
- Crear unha copia de seguranza.
- Onde están as miñas copias? Como as recupero? Como as descargo? Como as restauro.
- Como recupero as copias no curso seguinte?
- Como as uso nunha materia diferente.
- Copias de seguridade do banco de contidos (h5p) e banco de preguntas (cuestionarios-probas)
- Descargar o documento: guía rápida EVA – Sistema de mensaxería no EVA.pdf (version 1.1):
- Sistema de mansaxería (entre o profesorado e o alumnado) no EVA.
- Como activar ou desactivar o sistema de mensaxería no EVA (para todo o centro ou por aula/grupo)
- Descargar: Incluír a actividade BigBlueButton (sistema de videoconferencias) versión 1.0 (pdf)
- Bolsa de recursos (acceso ó manual na aula virtual aberta EDIXGAL): Permite copiar a ela os elementos que teñamos nunha materia, de modo que poidamos copialas novamente noutra.
- Asignación e xestión de INSIGNIAS – DISTINCIÓNS – xestión do completado de actividades: Dispoñible nas mini-guías de uso da aula virtual. Accede a elas desde aquí.
Actividades H5P no EVA:
- Descargar o documento: guia_rapida_EVA_h5p (pdf) Versión 1.4
- Uso de actividades H5P (diferencias co sistema usado nas aulas virtuais das webs dos centros)
- O banco de contidos
- Crear actividades H5P no banco de contidos.
- Enviar actividades H5P descargadas de internet no noso banco de contidos.
- Incluír actividades H5P nunha sección desde o banco de contido – Podes ver as respostas do alumnado
- Incorporar actividades H5P dentro dun recurso (etiqueta, páxina…) – Para autoavaliación (non é posible ver as respostas do alumnado)
- Descargar ou facer copia de seguridade das actividades creadas, para compartilas con outros ou reutilizalas noutras materias ou na aula virtual da web do centro.
- Curso na aula virtual con exemplos das ctividades H5P dispoñibles e como VÍDEO titoriais sobre como facelo. (acceso como convidado) – Curso creado por Manuel Felpeto para a “aula virtual das webs dos centros”, pero tamén serve para o EVA-Edixgal.
Ferramenta de autor no EVA:
A ferramenta de autor estaba/está baseada en actividades h5p que se empaquetan como paquete SCORM, é un sistema anterior a que se incorporasen a opción de incluír as actividades H5P, directamente nas seccións (podendo ver os resultados do alumnado), ou mesmo dentro de recursos como páxinas ou etiquetas (coa limitación no caso de insertalas nos recursos de non poder ver os resultados do alumnado)
- Descargar o documento: guía rápida EVA – Aproximación á Ferramenta de autor (version 1.2). Actualmente é máis cómodo crear directamente actividades H5P, xa que é máis flexible e sinxelo de xestionar. (non é un manual propiamente)
Uso do EVA “offline”:
O EVA “Offline”, permite usar os contidos do EVA (case todos) nos equipos do alumnado sen conexión a internet. Os contidos do EVA sincronízanse co EVA offline cada vez que se conecta o equipo Edixgal á rede wifi da aula e se accede a aplicación “EVA Offline”.
Se se vai a usar é imprescindible facer que se conecten á rede wifi da aula eses equipos “ó chegar polas mañás”, e se acceda ó EVA offiline para que sincronice “os seus traballos co EVA online”. Do mesmo xeito deberán entrar e sincronizar para “cargar os novos contido que haxa no EVA”, antes de marchar.
- Manual de configuración do EVA offline (da aula aberta da documentación oficial)
- Manual para o acceso ás materias do EVA Offline (da aula aberta da documentación oficial)
- Visualización dos contidos sen conectividade. (da aula aberta da documentación oficial)
O EVA offline, ademáis de nos equipos Edixgal tamén pode usarse noutro tipo de dispositivos:
Manuais de uso da Aula virtual das webs dos centros:
Acceso as miniguías de Moddle (aula virtual das webs dinámicas dos centros, pero válidos para o uso en EDIXGAL) na seguinte ligazón (inclúen moita máis información e ferramentas que se poden usar tamén no EVA):
Estas guía da aula virtual podon servirche para complementar o indicado nas guías específicas do EVA-Edixgal, posto que en ambos casos estamos a traballar cun Moodle e son exactamente iguais en canto ás súas funcións.