En CapCut, para superpoñer un vídeo ou imaxe, e facer o seu fondo transparente (se este ten unha cor única por exemplo verde), co efecto “chroma key”, deberemos:
0 – Engadimos o/os vídeo/s (ou imaxe/s) que estarán de fondo no vídeo.
1 – Sen escoller ningunha pista do vídeo e escollemos a opción “superposición” do menú inferior (se escollemos unha pista o menú que aparece é diferente):
2 – No seguinte menú que aparecerá, elixiremos a opción “agregar superposición”, para engadir “enriba” o vídeo/imaxe teña o fondo dunha cor (por exemplo verde), que queremos facer transparente, modo que se vexa o vídeo/imaxe que temos debaixo.
3 – Escollemos o vídeo na liña de temo e no mneú eliximos a opción “eliminar fondo”
4 – No seguinte menú escollemos “crhoma key”
5 – Tocamos en “selección de colores” e, no vídeo, tocamos na cor que queremos que se convirta en transparente, neste caso o verde. Poderemos xogar coas opcións “intensidade” e “sombra” para mellorar o efecto.
Descarga o vídeo co efecto “explosión” con fondo verde AQUÍ.