Elecfreaks – Nezha Inventor’s kit

Ten en conta que este kit «Nezha Inventor’s» non contén a placa «micro:bit» que permite o seu funcionamento, senón que é un kit de sensores e pezas para construír un robot, no que introducir a placa «micro:bit».

É a placa micro:bit a que se pode programar para que o robot execute accións.

Genially sobre Micro:bit e programación con makecode da mesma: https://view.genial.ly/6230cb698d0061001238009d

Máis información sobre as placas micro:bit ao final desta categoría.


Documentación completa do «Nezha inventor’s kit» (en inglés): https://www.elecfreaks.com/learn-en/microbitKit/Nezha_Inventor_s_kit_for_microbit/index.html

Deberemos engadir a extensión «nezha» para poder usar o Nezha inventor’s kit coa placa micro:bit en MakeCode, posto que poderemos así usar motores, que non veñen por defecto na placa micro:bit.

Segundo o sensor que queiramos usar teremos que engadir outras extensións diferentes (como «PlanetX» para as luces e outros sensores). Consulta cada un dos proxectos, do apartado anterior, para coñecer a extensión que se teñen que engadir.

Farémolo deste xeito, buscando a extensión que sexa necesario en cada caso.



Web oficial: https://www.elecfreaks.com/ 

Información en ro-botica.com: https://ro-botica.com/tienda/Elecfreaks/ 

MakeCode e placas Micro:bit

Micro:BIT é unna pequena tarxeta programable, cun custo asequible, incorpora gran cantidade de sensores e actuadores, que pode programarse co software MakeCode (Open Source)

Ligazón para mercar unha placa microbit: https://ro-botica.com/Producto/BBC-microbit-V2/

Podes crear o código en MakeCode e observar o resultado no simulador da esquerda, pero deberás cargar o código creado na placa micro:bit, para usalo realmente e, por exemplo, executar as accións no Netzha Inventor’s kit. No seguinte vídeo explícase como conectar a placa micro:bit ao ordenador e cargar nela o código:

  • Podemos usar a opción de «conectar o dispositivo» e ao premer en «descargar subirá o programa». (Non dispoñible en tódolos sistemas operativos ou configuracións)
  • Tamén podemos «descargar o arquivo hex» co programa, no botón descargar e copialo (arrastrando) dentro da micro:bit (que aparecerá como un «dispositivo usb como os pen-drive». Dispoñible sempre.

Como podes observar se non é recoñecida a placa para poder «conectarse a ela», o botón descargar permite «obter o arquivo hex» para cargar na placa.