Inicio mBot

mBot 1 e mBot 2:

O mBot é robot educativo creado por Makeblock, pensado para o traballo nas aulas coa robótica educativa. Está baseado naprogramación por bloques de Scratch, empregando unha versión modificada do Scratch chamada “Mblock”

Existen dúas versións do mBot:

Pode programarse co sofware Mblock 4, Mblock 5 ou Mblock online

Pode programarse co sofware Mblock 5 ou Mblock online

Se ben ambas versións comparten o software MBlock para a súa programación, cada unha ten as súas particularidades. Consulta as seccións específicas de cada un no menú superior de navegación.

Para poder manexar e programar o mBot precisaremos empregar o software M-block, unha adatapción do entorno de programación para estudiantes Scratch.

Este sofware conta con varias versións:

  • mBblock 4 
  • mBblock 5 online (que é a mesma que programalo desde a páxina web https://ide.mblock.cc/)
  • Tamén podemos programar o Mbot directamente desde a páxina web https://ide.mblock.cc.

Este sofware (nas súas dúas versións) ven xa incluído, baixo a categoría programación, nos equipos Edixgal ou con maqueta Abalar. Ten en conta que o mBot 2 só pode programarse coa versión do Mblock 5 denominada “online”

Podes atopar as ligazóns de descargar o programa, se o precisas, ou usar versión online do mesmo na seguinte web:

Traballando con mBot 1

Así é o mBot 1:

O mBot 1 conta cunha placa “Arduino”, sobre un chasis metálico, na que podemos conectar diferentes sensores. Poderemos manexalo cun mando a distancia, cunha APP de teléfono móbil ou tableta e, sobre todo, empregando o software mBlock (fork de scratch)

Como xa existe un novo modelo superior mBlot 2, non é tan doado de atoar esta primeira versión, pese á potencialidade que aínda ten, ao atoarse descatalogado, A vantaxe é que, de atopola, poderemos mercalo a un precio moi inferior.

Montaxe do mBot 1:

Tódolos sensores do mBot 1 teñen que conectarse na placa de Arduino do mBlock 1, empregando cables RJ45. Temos 4 portos nos que poderemos conectar outros tantos sensores e dispositivos compatibles. Cada porto está enumerado do 1 ao 4, incluíndo un código de cores que indica que tipo de sensor ou dispositivo, podemos conectar no mesmo. Cada sensor ou dispotivo terá unha cor na súa conexión para coñecer a compatibilidade.

Podes mercar, por separado unha chea de sensores e dispositivos compatibles con mBot (sensores, pantallas, acuadores…)

Podes conectar o mBot 1 ao teu ordenador ben por cable ou de modo inarámico. Ver que opcións de programación permite cada tipo de conexión no seguinte apartado.

Para conectalo, segundo a versión de m-Block que esteamos a empregar (4 ou 5 online), deberemos conectalo dun ou doutro xeito:

  • No caso de usar M-block 4: debremos buscar a opción “conectar” na parte superior dereita do programa, e escoller o tipo de conexión que queremos ter.
  • No caso de estar usando M-block 5 online: deberemos, unha vez teñamos engadido mbot como robot de traballo, premer o botón “conectar” que aparece na parte inferior esquerda, e escolleremos o tipo de conexión.

Podemos empregar dúas versións do programa “m-block” (ambos dispoñibles nos equipos con maqueta Abalar / Edixgal):

  • M-block 4
  • M-block 5 online (que é a mesma que programalo desde a páxina web https://ide.mblock.cc/)
  • Tamén podemos programar o M-bot directamente desde a páxina web https://ide.mblock.cc.

Sexa cal sexa a versión de m-block que esteamos a empregar, poderemos “programalo” de dous xeitos:

  • Crear un programa e que se execute en tempo real (en vivo).
    • Por exemplo cando se pulsa a flecha arriba avanza e na flecha esquerda xira á esquerda.
    • Neste caso debería estar conectado de forma inarámica: wifi (2,4), bluetooth ou por cable usb e debemos engadir os bloques de código nas diferentes accións (premer  tecla esquerda, premer tecla arriba, premer bandeira verde…).
    • No caso de facelo empregando o cable usb, estaremos limitados ao desplazamento que permita a lonxitude do cable, obviamente.

  • Crear un programa, cargalo e que se execute de forma autónoma.
    • Por exemplo que avance, agarde 3 segundos, e logo xire á esquerda, sen que poidamos controlalo en tempo real.
    • Neste caso teremos que conectalo por usb e cargar o programa e logo desenchufar o usb para que se execute o programa autónomamente.
    • Deberemos engadir o código debaixo da orde “programa de mbot” (se usamos m-block 4) ou “cando Mbot(mcore) se pon en marcha” (se usamos m-block 5 online)

Así por exemplo, segundo a versión de m-block que empreguemos, poderíamos programalo deste xeito, para que se execute en tempo real (en vivo) ou de forma autónoma (cargando programa):

Unha vez creado o código, se temos marcado “en vivo” poderemos executalo en tempo real. Se temos marcado “cargar”, deberemos conectar o cable usb, cargar o programa e, unha vez desconectado, cada vez que se encedenda executará dito programa.

Tal como se comentou anteriormente, podemos conectar o noso ordenador ao mBot 1 de modo inarámico, para poder manexalo en tempo real (programación en vivo). Para facelo contamos con dúas opcións:

  • Por bluetooth: precisaremos que o mBot teña instalado o módulo bluetooth, que é o que sempre vern instalado por defecto.
  • Por wifi 4,5 Ghz: precisaremos que o mBot teña instalado o módulo wifi 4,5 Ghz (mochila wifi), que ás veces ven como opción cando se merca o mBot 1.

É posible mercar por separado a “mochila wifi” para podre elexir entre unha conexión ou outra, se nos dera problema algunha delas. O que non poderemos (coa versión de mBot 1) é ter ámbolos tipos de conexión no mesmo robot, sen intercambiar “as mochilas”.

No caso do mBot 2, xa non é preciso todo isto, porque ten incluído de serie ámbolos dous tipos de conexión. Este apartado refírese únicamente ao modelo mBot 1

Para poder conectar o noso ordenador co mBot 1 por medio de bluetooth (se tivera ese módulo instalado), o noso ordenador deberá contar con bluetooth 4.0 ou superior, ou ben usar un “adaptador bluetooth 4.0 ou superior” que conectar ao mesmo.

Se ben existe un “adaptador usb oficial de makeblock”, que se conecta ao ordenador e permite conectarse sempre co mBot 1 por bluetooth, existen no mercado adaptadores bluetooth 4.0 moito máis baratos que permiten facer posible a conexión.

Se o teu ordenador, xa conta con Bluetooth 4.0, non debería ter problemas de conexión co mBot 1, en todo caso, poderías incluso empregar calquera adaptador, dos antes sinalados e acadarías a conexión.

Podes mercar un adaptador adaptador usb – bluetooth 4.0, a un prezo razonable na seguinte ligazón (comprobado que funciona cos equipos Edixgal do alumnado, debes arrancar o equipo co adaptador conectado). Se ben calquera debería funcionar sen problema.

Tamén podes optar polo adaptador oficial de makeblock, moito máis caro, nas seguintes ligazóns.

Ten en conta, antes de mercar calquera destes adaptadores, que debes verificar que non sexa posible conectarse directamente usando o bluetooth do propio ordenador (caso de contar con bluetooth 4.0 xa non sería preciso un adatador). Do mesmo xeito, antes de optar polo “modelo oficial, tenta probar con outros dataptadores bluetooth-usb, 4.0 máis baratos.

Tamén podemos optar po conectar o mBot 1 ao noso ordenador por medio da mochila wifi 4,5 Ghz, que sempre da mellores resultados que a conexión bluetooth, e sería compatible con calquera ordenador (posto que non precisa ningún tipo de versión específica de bluetooth).

Esta “mochila wifi” contén de dúas partes:

  • Un módulo de 2.5 Ghz, que debe instalarse no mBot en lugar do módulo bluetooth que virá por defecto
  • Un adaptador usb, que se conectará ao ordenador para conectarse por wifi co mesmo.
  • É MOI IMPORTANTE enumerar ou etiquetar cada mBot con mochila wifi, co seu correspondente adaptador, posto que van “pareados” e cada un, só conectará co módulo wifi coa que viñera no paquete.

Podes mercar esta mochila wifi, se a precisas, nalgunha das seguintes ligazóns, ou buscala como “mochila wifi mbot” ou “mochila 2,4 mbot”

Antes de mercalo, verifica que o teu mBot 1 non teña xa instalado o módulo wifi (existen algúns packs que veñen coa versión wifi), ou que non teñas na caixa a mocila de “de modo opcional”, segundo o pack mercado é posible que viñera incluída.

Para poder instalar o modulo wifi deberemos “retirar” o módulo bluetooth, e viceversa. Para elo tan só teremos que seguir estes pasos:

  • Apagar o mBot e desenchufalo do usb (se estaba conectado ao ordenador)
  • É recomendable tocar algo metálico para descargar a electricidade estática do noso corpo.
  • Abrir la tapa superior” transpartente e retirar o módulo existente.
  • Colocar no seu lugar novo módulo.
  • Colocar novamente a tapa transparente.

Educación Infantil:

Educación Primaria:

Podes atopar algúns dos proxectos creados con scratch (m-block) polo alumnado aquí:

Se buscas nas UDIS-UD “públicas” da aplicación prográmame-udis, na web www.recursoseduativos.net (do creador deste blog), as do usuario “oscar_abilleira”, poderás atopar as deseñadas para usar o mBot nas aulas, como área de libre elección de centro (ata o curso 2022-2023 mentras existiu dita área)

Traballando co mBot 2

A diferencia da versión anterior (mBot 1), esta nova versión inclúe unha placa co microprocesador “CyberPi”, que pode acoplarse e desacoplarse do chasis do mBot2. Esta nota tarxeta “CyberPi” permite engadir máis sensores así como algúns máis potentes, que non eran soportados pola versión 1. Conta ademais con sensores xa incoroprados (na vesión 1 había que conectalos todos) e mellora a conectividade bluetooth do mesmo.

Diferencias entre Mbot e Mbot 2:  

M-bot 2 en robotix.es: información, descargas e opción de compra: https://www.robotix.es/es/mbot-2 

O mBot 2 conta con varios sensores xa incluídos, e conectados ao móduo “Cyberpi”, a diferencia do mBot 1 onde todos tiñan que ir conectados externamente. Ademais deles podemos conectarlle outros moitos sensores “mBuild” que se poden mercar por separado.

A diferencia da versión 1 do mBot, neste caso non é preciso empregar ningún tipo de cable para conectalos, simplemente haberá que “inserir” o sensor ou acuador no lugar correspondente.

Ao igual que o mBot 1 poderemos empregar as pezas de estructura de makeblock de metal.

Podes conectar o mBot 2 ao teu ordenador ben por cable ou de modo inarámico. Ver que opcións de programación permite cada tipo de conexión no seguinte apartado.

  • Como estaremos usando a versión mBlock 5 online: deberemos, unha vez teñamos engadido mbot como robot de traballo, premer o botón “conectar” que aparece na parte inferior esquerda, e escolleremos o tipo de conexión.

Podemos conectar o noso ordenador ao mBot 2, ademais de por cable, de modo inarámico, para poder manexalo en tempo real (programación en vivo). Deste xeito as dúas conexións posibles que temos para a “programación en vivo” son:

  • Por bluetooth: precisaremos que o noso equipo teña un bluetooth 4.0 ou superior (ver máis abaixo para solucionalo se non se ten)
  • Por cable usb: limitando os movementos cando se programa en vivo, á lonxitude do cable.

Se o que queremos e cargar o programa, e non programar en vivo, a conexion por cable usb será suficiente, se ben tamén se podría facer por bluetooth.

Para poder usar o mBlock (versión 5 ou superior) co mBot2 deberemos de asegurarnos do seguinte:

  1. Ter engadido na parte de dispositivos o “Cyberpy”, se é que non aparece por defecto.
  2. Ter engadido na parte de extensións “Placa de expansión para mBot2”. De non facer esto non teremos acceso a controlar “o propio mBot” (motores, sensores… incluídos no chasis do mBot)

A diferencia do mBot 1, co mBot2 poderemos usar como “eventos”, ademais do teclado, a “bandeira verde” ou o “programa” (cando non traballemos en vivo); tamén os propios botóns e sensores do módulo “cyberpi” que controla a robot, e así os veremos aparecer en “eventos”

Unha vez creado o código, se temos marcado “en vivo” poderemos executalo en tempo real. Se temos marcado “cargar”, deberemos conectar o cable usb, cargar o programa e, unha vez desconectado, cada vez que se encedenda executará dito programa.

Segundo queiras manexar o mBot2 “en vivo” ou “cargándoo” emprega unha ou outra das seguintes estructuras:

Para poder conectar o noso ordenador co mBot 2 por medio de bluetooth, o noso ordenador deberá contar con bluetooth 4.0 ou superior, ou ben usar un “adaptador bluetooth 4.0 ou superior” que conectar ao mesmo.

Se ben existe un “adaptador usb oficial de makeblock”, que se conecta ao ordenador e permite conectarse sempre co mBot 2 por bluetooth, existen no mercado adaptadores bluetooth 4.0 moito máis baratos que permiten facer posible a conexión.

Se o teu ordenador, xa conta con Bluetooth 4.0, non debería ter problemas de conexión co mBot 2, en todo caso, poderías incluso empregar calquera adaptador, dos antes sinalados e acadarías a conexión.

Podes mercar un adaptador adaptador usb – bluetooth 4.0, a un prezo razonable na seguinte ligazón (comprobado que funciona cos equipos Edixgal do alumnado, debes arrancar o equipo co adaptador conectado). Se ben calquera debería funcionar sen problema.

Tamén podes optar polo adaptador oficial de makeblock, moito máis caro, nas seguintes ligazóns.

Ten en conta, antes de mercar calquera destes adaptadores, que debes verificar que non sexa posible conectarse directamente usando o bluetooth do propio ordenador (caso de contar con bluetooth 4.0 xa non sería preciso un adatador). Do mesmo xeito, antes de optar polo “modelo oficial, tenta probar con outros dataptadores bluetooth-usb, 4.0 máis baratos.