Coding Set (MatataStudio)

 

 O Coding Set permite programar cunha serie de fichas que, situadas na superficie do «panel de control», será lido pola cámara da «torre de mando» e transmitido ao robot «matatabot», para que o execute.

Para crear un programa deberemos empregar as diferentes fichas dispoñibles, cada unha cunha «instrucción diferente», colocalas no «panel de control» e premer o gran botón de «executar» de cor laranxa.

As fichas dispoñibles son as seguintes:

Tódolos códigos deben comezar coa ficha de «inicio de loop/secuencia» e rematar coa ficha «fin de secuencia», podendo poñer no medio as instrucións que queiramos.

Por exemplo neste código o «matabot» bailará, posto que é a única instrución que hai dentro da secuencia.

Os códigos poden ocupar máis dunha liña, ou calquera lugar dentro do «panel de control» (de esquerda a dereita), xa que «leerá» a ficha de comezo da secuencia e a ficha de fin da mesma.

Neste caso o código ocupa dúas liñas e é executado na súa totalidade.

Cada instrución pode ter «pegado» un número que indicará ben o número de veces que se excutará a instrución ou no caso do «baile» ou «música», a que corresponda a cada número (existen 5 músicas e 5 bailes diferentes, un por número).

Se no lugar do número escollemos a ficha do «dado», usará un número aleatorio (entre 1 e 5) cada vez que se execute.

No seguinte caso caso o código executa «dous pasos para adiante», un xiro e «4 pasos para atrás»

Se pegamos o número ao comezo da secuencia, esta será repetida tantas veces como se sinale. Así no seguinte código, repite 2 ves a secuencia «anda 3 pasos para adiante e xira á dereita».

Tamén podemos facer unha «función», é dicir unha parte do código usando a tecla amarela «fn» e creando o código a continuación (neste caso atrás tres veces). Na secuencia principal, onde insertemos a ficha da funcnión, executará ditas accións.

Así neste sonará unha música e camiña tres cara atrás (a función), antes de rematar.

Na caixa do «Coding set» inclúese un plano para desplazamentos, acompañado de barreiras e bandeiras.

O «matatabot» desprazase en «saltos» de 10 cm, que é o tamaño que ten a grella usada de plano.

Tamén o acompaña unha serie de libros «con retos», para usar co plano que se adxunta (as dúas caras do mesmo).

Para cargar tanto a torre como o robot, deberemos conectalos co cable usb-c a un adaptador de corriente ou a un ordenador.

Para acendelos e apagalos deberemos manter pulsados, os respectivos botóns durante uns segundos.

Web oficial: https://en.matatalab.com/codingsetpro.html

Manual con exemplos: https://matatalab.com/en/node/59

Uso como recurso didáctico: https://code.intef.es/prop_didacticas/robot-matatabot-como-recurso-didactico-en-el-aula-de-educacion-infantil