Programas de edición de vídeo e uso de Chroma key

Existen múltiples programas de edición de vídeo que permiten empregar imaxes cun chroma de fondo, e “facelo transparente”, para que se vexa o que hai debaixo.

Todos eles teñen un funcionamento similar para acadalo:

  • Arrastrar o vídeo “normal” nunha das pistas da liña do tempo.
  • Arrastrar o vídeo “co chroma verde” nunha pista que estaea por riba do vídeo anterior na liña do tempo.
  • Arrastramos o “efecto chroma – chroma key” sobre o vídeo co chroma.
  • Axustamos as preferencias do efecto chroma key para que “se vexa ben” e despareza a cor do chroma (habitualmente verde)

A calidad do efecto dependerá do programa usado, así como da calidade do vídeo. Habitualmente soen obterse mellores resultados con programas “de pago”, posto que incorporar un proceso de imaxe máis potente.

Entre os programas que podemos empregar para aplicar o efecto Chroma atopamos, entre outros, os seguintes:

Preinstalados cos sistemas operativos:

ClipChamp (windows):

  • Preinstalado nos equipos desde windows 11 en diante
  • Programa moi sinxelo, con funcionalidades básicas, pero que da moi bos resultados no uso do Chroma.
  • Pode descargarse gratuitamente, pese a vir preinstalado, desde a Microsoft Store
  • Algunhas opcións só se poden usar previa suscripción de pago dentro do programa.

https://www.youtube.com/watch?v=5E2YO26bf6U


Imovie (macOS):

  • Preinstalado nos equipos de Apple macOS (tódalas versións):
  • Programa moi sinxelo, con funcionalidades básicas, pero que da moi bos resultados no uso do Chroma.
  • Pode descargarse gratuitamente, pese a ver preinstalado, desde a App Store dos Mac (Apple)
  • Non é preciso ningún tipo de suscripción, e gratuito en tódalas súas funcións.

https://www.youtube.com/watch?v=v-6LwzqxD74

Outro software que podes empregar:


KDEnlive:

  • Trátase dun programa Open Source gratuito para a edición de vídeo, que permite usar o Chroma.
  • Instalado nos equipos Edixgal.
  • Ligazón de descarga: https://kdenlive.org/en/download/. (windows, mac e linux)
  • Non é preciso ningún tipo de suscripción, tódalas funcións son gratuitas.
https://www.youtube.com/watch?v=ZGcwx4AG06s

Openshot:

  • Trátase dun programa Open Source gratuito para a edición de vídeo, que permite usar o Chroma.
  • Para obter resultados con certa calidade, en especial no uso do Chroma, é preciso axustar moitos parámetros e ter moito coidado na calidade dos vídeos a empregar (en especial a luminosidade dos mesmos)
  • Instalado nos equipos Edixgal.
  • Ligazón de descarga: https://www.openshot.org/es/download/. (windows, mac e linux)
  • Non é preciso ningún tipo de suscripción, tódalas funcións son gratuitas.

https://www.youtube.com/watch?v=Yjj1Pq8fAIE


Movavi:

  • Programa de pago, moi doado de empregar, pero con funcións avanzadas e moi bos resultados no uso do chroma.
  • Ten unha versión de proba gratuita de 15 días, incluíndo nos vídeos unha marca de auga.
  • Dispoñible para windows e MacOS: https://www.movavi.com/
  • Prezo: Licenza perpetua 47€, Licenza de pago anual 37€

https://www.youtube.com/watch?v=bdDK2ZtxZGk


Wondershare Filmora:

  • Programa de pago, moi doado de empregar, pero con funcións avanzadas e moi bos resultados no uso do chroma.
  • Ten unha versión de proba gratuita de 7 días. Pode probarse o programa completo con tódalas funcionalidades, pero mete unha marca de auga.
  • Dispoñible para windows e MacOS en https://filmora.wondershare.es
  • Prezo: Plan perpetuo 70€ – Plan de pago semestral: 20€ – Plan de pago anual: 45€ cada ano. Existe un prezo para o sector educativo cun 30% de desconto en cada precio – consultar aquí: https://filmora.wondershare.es/store/buy-education.html )

https://www.youtube.com/watch?v=5ejy9jXgRe4

Programas profesionais ou avanzados:


Final Cut Pro X:

  • Programa de pago profesional, extremadamente potente, para equipos de Apple con macOS: Mac, macbook…
  • Contén moitas funcións avanzadas de edición de vídeo e excelentes resultados no uso do Chroma.
  • Dispoñible para mercalo e instalalo na APP Store de Mac. Prezo 349 € (199 € xunto a outros 4 programas para o sector educativo https://www.apple.com/us-edu/shop/product/BMGE2Z/A/pro-apps-bundle-for-education )

Adobe premier:

  • Programa de pago profesional, extremadamente potente, para equipos Windows e de Apple con macOS
  • Contén moitas funcións avanzadas de edición de vídeo e excelentes resultados no uso do Chroma.
  • Dispoñible para mercalo, por 36€ ó mes en https://www.adobe.com/es/products/premiere.html

Sony Vegas:

  • Programa de pago profesional, extremadamente potente, para equipos Windows e de Apple con macOS
  • Contén moitas funcións avanzadas de edición de vídeo e excelentes resultados no uso do Chroma.
  • Dispoñible para mercalo, por 8, 13 ou 20€ ao mes (segundo caracterísicas) en https://www.vegascreativesoftware.com/es/vegas-pro/