Photon kit IA

Trátase dun kit que Inclúe un robot (Photon) que poderemos programar como calquera outro, empregando un software específico, que se explica posteriormente; pero incluíndo tamén a opción de «entrenar a robot para que recoñeza certas tarxetas» (incluídas no kit), de modo que esteamos a entrenar unha Intelixencia Artificial.

O kit inclúe ademais do robot unha serie de elementos para ser empregados como «Intelixencia artificial» co seu entrenamento previo, todos eles empregados nos dous intinerarios impresos que incorpora o kit.

A finalidade do robot, ademáis da súa programación é «coñecer como funciona a intelixencia artificial» simulando que o estamos a «entrenar» para que recoñeza certos elementos. (tal como sucedería cunha IA real)

As indicacións aquí publicadas refírense á aplicación «Photon Edu», para o kit indicado, se ben están dispoñibles outras dúas, que se indican ao final desta publicación.

Serven para manexar o robot «con independencia de que veñan o non co Kit de Intelixencia Artificial» (para a parte de Intelixencia artificial existe outra aplicación que se sinala a continaación).

  • Cando accedemos á aplicación deberemos escoller se entramos como «docente», ou como «alumno/a». Podermos ter creado un usuario e acceder con el, para ter almacenados os sosos progresos, traballos, etc…
  • Prememos conectar para comunicarnos co robot (asegurándonos de que se atope acendido)
  • Poderemos escoller na aplicación catro tipo de «actividades»:
    • a) Aprendizaxe interdisciplinario
    • b) Programando: Permite programar o robot destas formas (de menor a maior dificultade):

Draw: programa o robot debuxando o recorrido co dedo, e arrastrando ao camiño as «funcións» que queremos que faga

Badge: programa o robot empregando símbolos, que deben arrastrarse na orde en que se executen.

Blocks: Programa o robot empregando bloques coas diferentes instrucións, que iremos arrastrando para compoñer o código a executar.

Code: Programa o robot empregando instrucións ou códigos escritos que temos que arrastrar na orde en que queiramos que se execute.

Scratch: programa o robot empregando Scratch e usando o bloque de códigos específicos de Photon (abaixo de todo)

    • c) Guións de leccións ABC: Para empregar leccións creadas na plataforma educativa Photon.education/lessons_plans. Introducindo o código de cada unha accederemos a ela.
    • d) Programas preparados: inclúe unha serie de programas «xa preparados», para que o alumno/a os modifique e execute directamente no robot.

Mentras que coa aplicación antes indicada (Photon Edu) podíamos programar os movementos e accións do robot, coa applicación Photon AI (que podes descargar en Google Play ou na App Store), levarás a cabo o traballo de «entrenamento» da intelixencia artificial do robot.

Con este entrenamento poderá recoñecer elementos no tapete (tarxetas do kit) e actuar segundo o programamemos.

Cando entremos, e conectemos o robot, deberemos escoller o itinerario co que estamos a traballar (ver seguinte punto) e actividade de «aprendizaxe da IA» en concreto.

Pedirá que respostemos a unha serie de preguntas de modo que «ensinemos ao robot» a través delas. Técnicamente o «alumno/a» e que está «ensinando ao robot» ao responder as preguntas que se presentan na aplicación que se corresponden coas diferentes tarxetas» e, «parece» que se está entrenando ao robot para que as recoñeza despois. (tal como sucedería cunha IA real)

En todo caso, nos dous itinerarios ven detallado, paso o paso o que deberemos facer en cada actividade proposta.

O kit inclúe dous «itinerarios impresos» deseñados para diferentes idades, nos cales se emprega todo o material incorporados no kit de IA: tapete da cidade, tarxetas de diferentes tipos…

Cada itinerario conta con lecións deseñadas para ir afondando en diferentes aspectos da robótica e Intelixencia Artificial.

O robot poderá ler «as sinais» e elementos que poñamos no tapete (coas tarxetas correspondentes) e actuar segundo o que tivermos indicado no programa. Pero «antes terán que entrenar ao robot para que os recoñeza», tal como sucede coa Intelixencia Artificial.

Para usar estes programas cun ordenador precisarás mercar o «Pothon Magic Dongle», un «adaptador usb» que conectado ao equipo permite comunicarse so robot, pero para usalo con tablets ou teléfonos podemos facelo descargando a app directamente desde Google play ou desde a APP Store

Terás que programar o robot a aplicación «Photon Magic Bridge» para windows e Mac, que inclue «Photon Edu», «Photon Coding» e «Photon Robot». Podes descargala na seguinte ligazón: https://photon.education/magic-bridge-download/

A aplicación «Photon Magic Bridge» (coas 3 aplicacións que contén) tamén pode empregarase na súa versión online, usando un navegador web (agás Safari), sen ter que descargala, podes facelo na seguinte ligazón .https://magicbridge.photon.education

Tes que empregar unha das tres aplicacións para programar o robot «Photon Ed, «Photon Robot» ou «Photon Coding«; e a aplicación «Photon AI» para o entrenamento da Intelixencia artificial. Están dispoñibles para Android e iOS, podes buscalas en Google Play e na App Store. Deberás instalas de modo independiente.

Coa aplicación EDU, podes controlar as accións do robot en clases interdisciplinares e impartir clases sobre os conceptos básicos da programación. A aplicación tamén permite acceder a programas preparados que podes iniciar cun só clic, así como a ferramentas e materiais útiles para a ensinanza, incluíndo escenarios de lección e unha guía de inicio rápido sobre como traballar co robot. Ademais, a aplicación permite que profesores e estudantes configuren e utilicen contas separadas. Só se pode conectar á aplicación a versión educativa dos robots.

Fonte: https://photon.education/apps/

Esta aplicación ensina aos estudantes a usar, programar e controlar o robot. Podes usalo en grupos máis grandes ou durante clases individuais. Ofrece máis de 200 desafíos creativos baseados na historia do robot Photon que se estrelou na Terra.

Fonte: https://photon.education/apps/

Na aplicación Photon Coding, todas as funcións están desbloqueadas e dispoñibles desde o principio. Os nenos/as que teñan unha comprensión máis profunda da aplicación Photon Robot ou que non queiran usar as interfaces sinxelas porque coñecen os conceptos básicos da programación poden usar a interface Photon Coding para desenvolver a súa paixón e programar o robot como queiran. Esta aplicación é recomendada para usuarios domésticos.

Fonte: https://photon.education/apps/

Web oficial: https://photon.education/artificial-intelligence/